O COETG participa no 36º Congreso da Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria
O Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia estará presente nunha nova edición do Congreso da Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria, que este ano terá lugar do 9 ao 11 de xuño en A Coruña. A nosa participación centrarase na impartición do taller de tecnoloxía "A Saúde e a súa información a traveso das redes de comunicación e os seus dispositivos. Unha xestión responsable", a cargo de enxeñeiros de telecomunicación colexiados que forman parte do grupo de traballo eSaúde creado polo COETG/AETG para acercar ás novas tecnoloxías ao colectivo de médicos e fomentar a súa utilización na área da saúde en xeral.
A actividade, coordinada polo Xerente do COETG, consistirá na celebración dunha Mesa Central e tres Talleres simultáneos que terán lugar o venres día 10 de xuño de 10.00 a 13.30 horas nas instalacións do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña.
MESA CENTRAL: "A Saúde e a súa información a traveso das redes de comunicación e os seus dispositivos. Unha xestión responsable"
Relatores:
- Jacinto Parga Fernández
- Paulino González Pan
- César Mariñas Dávila
A mesa centrarase en como a accesibilidade e conectividad ás redes de comunicacións fixas e móbiles proporcionan aos profesionais da saúde poderosas ferramentas para mellorar o servizo que prestan á sociedade e como a utilización responsable e eficiente desas redes e os dispositivos que permiten acceder a elas, por parte dos profesionais da saúde, garanten unha prestación sanitaria respectuosa cos dereitos dos pacientes. Veráse tamén como, na actualidade, nos países desenvolvidos, o dereito de acceso á saúde e o acceso ás tecnoloxías da información e as comunicacións están totalmente vinculados e como a colaboración entre os profesionais do sector saúde e do sector telecomunicacións é unha oportunidade para mellorar o noso sistema sanitario.
A continuación, os asistentes distribuiranse en grupos máis pequenos para realizar os seguintes talleres:
TALLER 1. A nube segura
Docentes:
- Pablo Soto Cid
- Jacinto Parga Fernández
- Sara Rodríguez Paz
TALLER 2. O smartphone seguro e áxil
Docentes:
- Javier Fernández Fraga
- Paulino Jesús González Pan
- Jairo Chapela Martínez
TALLER 3. Accesibilidade a redes seguras
Docentes:
- Víctor Manuel Pita Vizoso
- César Mariñas Dávila
- Adrián Rodríguez Fernández
- Óscar Rivas Viña