O COETG aposta polo Big Data da man do Vicepresidente de Data Services en BBVA Data & Analitics, Marcelo Soria

O COETG aposta polo Big Data da man do Vicepresidente de Data Services en BBVA Data & Analitics, Marcelo Soria

Hoxe tivo lugar en Santiago de Compostela a xornada “Datos? Qué facer? Por qué precisamente eu?”, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) e o Consello Territorial de AMETIC Galicia, en colaboración coa Asociación para el Progreso de la Dirección (APD). Un encontro que reuniu aos profesionais e as empresas máis relevantes do sector TIC galego en torno ao Biga Data, da man do vicepresidente de Data Services en BBVA Data & Analitics, Marcelo Soria, responsable dunha carteira de produtos centrados na apertura de datos e no análise intelixente de información para crear novos produtos e servizos.

O decano do Colexio Oficial de Galicia, Ramón Bermúdez de Castro Olavide, o presidente do Consello Territorial de AMETIC Galicia, Ramón Mª Lois Santos, o director do Centro de Banca Comercial de BBVA, Santiago Morente e o director de APD zona noroeste, Santiago Sesto, foron os encargados de inaugurar a xornada.

Image removed.

O noso decano, Ramón Bermúdez de Castro salientou na súa intervención a importancia “de coñecer cal é o verdadeiro status do big data e como melloran os servizos que ofrecen as empresas e organismos públicos tendo en conta os posibles riscos no que á invasión da privacidade persoal refírese” engadindo que é importante e clave no big data “á tarefa de almacenar, clasificar, analizar e compartir o cúmulo masivo de información que existe na rede, xestionando un inmenso volume de datos de extraordinaria variedade á maior velocidade posible, todo iso baseado nun elenco de tecnoloxías que fan posibles estes procesos” para o que se precisan “executivos que coñezan de primeira man os retos e oportunidades que isto lles proporciona”.

Pola súa banda, o presidente do Consello Territorial de AMETIC Galicia, Ramón Mª Lois, centrouse en destacar o traballo que dende AMETIC están a realizar “neste tema de vixente actualidade e de gran relevancia: o mundo dos datos,a súa interrelación e especialmente a información que se xera”, animando as empresas a “seguir avanzando” dado que “as nosas empresas de servizos e a nosa industria necesitan cada vez máis dun coñecemento exhaustivo e seguro sobre os datos que manexamos”.

De seguido e xa para rematar a rolda de presentacións e dar paso a conferencia, o director do Centro de Banca Comercial de BBVA, Santiago Morente fixo un alegato á aposta de BBVA polo big data ao afirmar que “os datos axúdannos a chegar á xente de xeito ordeado”, e o director de APD zona noroeste, Santiago Sesto, afirmou que o “big data é unha tecnoloxía que nos está trasformando como persoas e profesionais e que nos dan certeza nun mundo no que vivimos cheo de incertezas”.

Todo BIG DATA

Trala presentación tivo lugar a conferencia “Datos? Qué facer? Por qué precisamente eu?” da man de Marcelo Soria, o vicepresidente de Data Services en BBVA Data & Analitics que ofreceu a súa visión sobre o potencial inherente dos datos e sobre como a capacidade descritiva deses datos abre novas posibilidades de mellora. Nesta liña para Soria, “os datos son unha aproximación do que sucede no día a día, unha representación da realidade” e é “a traverso destas representacións da realidade que podemos saber qué pontenciais temos de ter éxito cun negocio”. É importante “definir os obxetivos que se queren acadar para deseñar a forma de obter os datos necesarios” para tomar mellores decisións e xerar unha vantaxe competitiva para as empresas.

Image removed.

Finalizada a intervención deuse comezo a un coloquio no que as empresas e os profesionais das TIC galegos puideron intercambiar opinións e afondar como o tratamento de datos de xeito masivo por parte das empresas e entidades, constitue unha vantaxe competitiva creadora de beneficios para estas organizacións.