A EOI lanza unha formación en Industria de Defensa
A Escuela de Organización Industrial, EOI, en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza un programa formativo de 128 horas dirixido a profesionais e directivos que busquen mellorar a súa capacidade de decisión, liderar procesos de transformación e posicionarse con vantaxe nun dos sectores máis determinantes da próxima década.
A iniciativa que consideramos de interesa para o noso colectivo, comezará o 17 de abril e conta con prazas limitadas. Enmárcase dentro da Iniciativa galega para o impulso da industria da defensa, seguridade e aeroespacial, e ten como principais obxectivos fomentar o crecemento das empresas, promover a súa diversificación e facilitar que poidan ofrecer novos produtos e servizos nestes ámbitos. Ademais, pretende atraer novas inversións industriais, reforzar as capacidades produtivas do territorio e contribuír a liderar as novas políticas industriais a nivel estatal.
Para máis información aquí.