Edita de Lorenzo, coprotagonista dun artigo en La Voz de Galicia con motivo do 8M

edita_lvg

A nosa vicedecana Edita de Lorenzo, é coprotagonista do artigo publicado baixo o título 8-M: Cinco pioneras gallegas que cambiaron lo establecido en La Voz de Galicia con motivo da celebración do Día Internacional da Muller.

O artigo destaca a figura de Edita por ser a primeira muller en dirixir unha escola de enxeñaría en Galicia e por superar as dificultades e o machismo institucional, atopando na súa profesión unha vocación e unha paixón que a levaron a romper moldes e o famoso “teito de cristal” nas carreiras STEM.

A súa experiencia reflicte tanto os retos históricos das mulleres na ciencia e a tecnoloxía como as barreiras que aínda existen: desde actitudes paternalistas ata discriminación profesional asociada á maternidade. Ademais, alerta do descenso recente de mulleres matriculadas en enxeñaría, como un síntoma de que estas carreiras aínda se perciben como “de homes”.

Tamén advirte sobre os riscos da intelixencia artificial e das redes sociais se se construíren sobre datos sesgados: “Se a IA só se alimenta dunha mirada masculina, multiplicará os erros e reproducirá desigualdades xa existentes”, subliña. Para ela, a diversidade non é só unha cuestión de xustiza, senón tamén de seguridade e eficacia, pois a tecnoloxía sen representación feminina deixa fóra parte esencial da sociedade.

A historia de Edita de Lorenzo non só inspira ás novas xeracións de enxeñeiras, senón que tamén lembra a importancia de integrar unha visión plural e inclusiva na ciencia, a tecnoloxía e a innovación.

Ver artigo aquí.