Conferencia "Computación cuántica na industria", 6 de outubro en Santiago de Compostela

O vindeiro 6 de outubro ás 12.30h no GaiásTech en Santiago de Compostela, terá lugar a conferencia "Computación cuántica na industria" que desde a AETG organizamos xunto coa Amtega, enmarcada no plan de accións de divulgación e promoción das Tecnoloxías da Información e Comunicación.
Será impartida por Lois Orosa Nogueira, director–xerente do Cesga, o Centro de Supercomputación de Galicia, que durante o relatorio achegaranos os principios da computación e as comunicacións cuánticas, o estado da arte e as súas aplicacións principalmente na industria e noutros sectores como o sanitario, o financeiro ou das TIC.
O acto é de carácter presencial coa posibilidade de seguilo vía streaming. As confirmacións de inscrición presencial realizaranse por rigorosa orde de chegada ata completar aforo.
Formulario de inscrición
A iniciativa forma parte do plan de accións de difusión de 2022, en virtude do convenio de colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), para a posta en marcha de actividades para o fomento da Sociedade da Información.