Celebrado o webinar sobre saúde: ‘Emprender en e-saude: luces e sombras’

O martes 19 tivo lugar o webinar "Emprender en e-saúde: luces e sombras" dirixido a todos aqueles que queren emprender en e-saúde organizado polo grupo grupo eSaúde COETG/AETG integrado no grupo e-salud COIT.

Moderado por Vicente Collado, Director Xeral de Iseco Sistemas S.L. contou coa participación da nosa compañeira Sara María Rodríguez Paz que nos contou a súa experiencia profesional.

Foron moitos os temas comentados pero sobre todo destacou a idea de "pensar máis nas persoas e menos na tecnoloxía", é dicir coñecer as necesidades do cliente e enfocarse nelas, e na idea básica é que o emprendedor "poderá delegar todo no seu equipo excepto a ética".

Para máis información e visualizar o vídeo integro do webinar premer aqui