Aberto o prazo de presentación aos Premios á Excelencia en Enxeñería de Telecomunicación

cartel premios eit 2024

Un ano máis Colexio e Asociación premian o esforzo, o talento e a innovación dos mellores estudantes de Enxeñería de Telecomunicación a través da convocatoria XLV dos Premios á Excelencia en Enxeñería de Telecomunicación, correspondente á edición de 2024. Estes premios, que se celebran desde hai 45 anos, recoñecen as contribucións máis destacadas neste ámbito a través da avaliación de teses doutorais, traballos fin de #máster e traxectorias académicas.

Prazo para presentación de candidaturas aberto ata o 30 de marzo de 2025.

Máis información das diferentes categorías de premios, bases de participación e presentación de candidaturas pódese consultar aquí.