Visítanos no XVI Foro Tecnolóxico de Emprego

Visítanos no XVI Foro Tecnolóxico de Emprego

Hoxe arrancou unha nova edición do Foro Tecnolóxico de Emprego no que, un ano máis, participa o Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia. O Foro, que celebra a súa XVI edición, terá lugar ata o venres ás 13 horas nas escolas enxeñería de telecomunicación, industriais e minas da Universidade de Vigo.

Estaremos presentes cun stand expositivo, durante os días 2, 3 e 4, para ofrecer aos visitantes que se acheguen información sobre funcións e servizos que ofrecen o COETG e a AETG aos enxeñeiros de telecomunicación.

Achégache ao Foro e visítanos!!

Image removed.