Participa na Misión Internacional Inversa a Galicia
De interese para colexiad@s e asociad@s
Informámosche da Misión Internacional Inversa a Galicia que organiza INEO durante os días 20, 21 e 22 de abril e na que colabora o COETG, grazas á cal serán recibidos 15 mandatarios peruanos e mexicanos potenciais compradores de tecnoloxía orientada a cidades intelixentes. O obxectivo desta Misión é o de fomentar e consolidar a internacionalización dos participantes, mediante o contacto directo con mandatarios destes países que, por historia, idioma e cultura, conforman mercados cun alto potencial para a xeración de negocio, e neste caso en particular, relacionado con produtos e servizos "smart". Estes mandatarios estarán ó dispor dos colexiad@s e asociad@s interesados, tanto para manter reunións individuais como para visitar as empresas nas que poder comprobar o funcionamento das solucións implantadas.
Se estás interesado en participar nesta iniciativa infórmate dos horarios dispoñibles e prezos subvencionados contactando con INEO no teléfono 986112570 ou no enderezo proyectos@ineo.org. A nova data límite de inscrición é o venres día 17 de abril.