Os concellos esixen a presentación dun proxecto técnico de Infraestrutura de Soporte de Fogar Dixital para a concesión das licenzas de obra de novas vivendas
De interese para colexiados/asociados
Coa publicación do Decreto 127/2016 do 15 de setembro, polo que se regulan as infraestruturas necesarias para posibilitar as funcionalidades do fogar dixital nas vivendas de nova construción, no DOGA do pasado 18 de outubro do 2016, establécese como requisito para a concesión de licenza de obra para a construción de vivendas a presentación ante o concello do proxecto técnico de infraestrutura de soporte de fogar dixital.
Cando o proxecto técnico de ICT da edificación incorpore os puntos específicos para a descrición do fogar dixital, segundo o disposto na Orde ITC/1644/2011, do 10 de xuño, non será precisa a elaboración dun proxecto técnico independente do fogar dixital. Nese caso deberase incluír no citado proxecto de ICT toda a información referida no artigo 7 do Decreto 127/2016.