O Parlamento de Galicia estima favorablemente o recurso presentado polo noso Colexio para a provisión de dúas prazas da escala técnica de informática
De interese para colexiados
No marco das actuacións realizadas polo Colexio relativas ao acceso dos enxeñeiros de telecomunicación a prazas de emprego público, informamos da recente resolución do Parlamento de Galicia pola que estima o Recurso interposto polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación contra a convocatoria dun proceso selectivo para a provisión de dúas prazas da escala técnica de informática, para o que se esixía como requisito de acceso dispor do título de diplomado universitario en Informática, enxeñeiro técnico en Informática ou grao en Enxeñaría Informática.
Como consecuencia da estimación do Recurso, o Parlamento de Galicia volveu a publicar a convocatoria eliminando esa restrición e abrindo de novo o período de presentación de solicitudes, podendo presentarse ás prazas todos os colexiados que estean interesados. As solicitudes débense presentar con data límite do luns 18 de decembro.
Consulta a convocatoria no seguinte enlace: DOG