O Consello Galego de Enxeñerías reúnese co Presidente da Xunta de Galicia
O pasado día 20 de decembro o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, recibiu na súa residencia oficial de Monte Pío aos representantes do Consello Galego de Enxeñerías -CGES-, entidade na que se integran os 8 colexios oficiais de enxeñería regulada de Galicia e da forma parte o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia -COETG-.
Nesta xuntanza, na que o COETG estivo representado polo seu Secretario, Ramón Mª Lois Santos, ademais dos representantes do resto de colexios oficiais que forman o CGES, tratáronse diversos temas de interese xeral para a nosa Comunidade. Esta nova entidade que aglutina as diferentes especialidades da enxeñería, amosou o seu compromiso para colaborar en iniciativas encamiñadas ó progreso de Galicia e da sociedade galega.
Pola súa parte, o presidente da Xunta alabou a visión integradora destes 8 colexios oficiais ao crear o CGES coa finalidade de aunar esforzos en prol dos intereses comúns da sociedade. Neste encontro de máis de 2 horas de duración, no que tamén participou a Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, tratáronse diferentes aspectos de interese común.
O CGES está formado polos colexios profesionais de Galicia de Enxeñeiros Agrónomos, Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, Enxeñeiros ICAI, Enxeñeiros Industriais, Enxeñeiros de Minas, Enxeñeiros de Montes, Enxeñeiros Navais e Oceánicos e Enxeñeiros de Telecomunicación. É unha asociación que nace co obxectivo de promover a coordinación e buscar sinerxías entre as diferentes ramas da enxeñería, así como converterse na voz única da enxeñería diante das Administracións Públicas, entidades e institucións radicadas en Galicia.