O COETG entidade colaboradora nas xornadas "Smart Cities & Communities" de Vigo

O COETG entidade colaboradora nas xornadas "Smart Cities & Communities" de Vigo

Os días 25 e 26 de novembro celebrarase en Vigo a terceira edición das Xornadas Técnicas Galegas, este ano centradas nas "Smart Cities & Communities", na que o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia é entidade colaboradora.

"Smart Cities & Communities" é un encontro enfocado a profesionais do sector, expertos de recoñecido prestixio, empresas líderes a nivel estatal e decisores municipais, no que se debaterá e profundará de forma integradora diferentes aspectos relacionados coas novas tecnoloxías no ámbito das Smart Cities, a xestión intelixente dos recursos e a transformación urbana que iso leva.

@s asociad@s/colexiad@s interesados poderán asistir a prezo reducido de 50 euros (Ive incluído) que da dereito a:

- asistencia a todas as sesións (conferencias e relatorios), café e xantar no lugar de celebración das xornadas (dous días), e desconto dun 20% na tarifa do parking do Auditorio.

- recibir a documentación en formato electrónico, acreditación, portadocumentos, bolígrafo, block e certificado de asistencia.

Para inscribirse facer click aquí: Inscrición.

O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de novembro. A partir desa data a organización non garante a entrega do material e tampouco é aplicable o desconto.

Para máis información e programa Xornadas Smart Cities Vigo.