O COETG e a AETG asinan un convenio de colaboración co Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia

O COETG e a AETG asinan un convenio de colaboración co Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia asinaron o 13 de abril un convenio marco de colaboración, co obxecto de promover a cooperación e a colaboración para a incorporación e o desenvolvemento das novas tecnoloxías das telecomunicacións e da sociedade da información no ámbito das enxeñerías.

No acto de sinatura deste convenio na sede do Colexio de Camiños, tanto o decano deste Colexio, Ricardo Babío, como o decano do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación e presidente da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Ramón Bermúdez de Castro, valoraron positivamente esta iniciativa conscientes de que redundará no beneficio dos colectivos profesionais aos que representan e do conxunto da cidadanía.

Image removed.

O propósito deste convenio é o de realizar actividades e proxectos de forma conxunta relativos á actividades de formación, tales como cursos, xornadas, conferencias, etc; realización de eventos de interese común para ambas entidades; intercambio e colaboración en proxectos afíns; elaboración de publicacións, artigos, dossieres de carácter conxunto; e calquera outra actividade de interese común que se verán materializadas a partires da sinatura dos oportunos convenios específicos.