O COETG colabora na organización da XI Edición do Tour Tecnolóxico @asLAN
Como ven sendo habitual o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia colabora un ano maís na organización do Tour Tecnolóxico @asLAN que este ano celebra a súa XI edición baixo o título “Transformación dixital. Todo Conectado” e que chegará a cidade de A Coruña o 28 de setembro.
O Tour arranca o 22 de setembro en Bilbao, e estará presente en A Coruña, Barcelona (20 de outubro), Mallorca (16 de novembro) e Sevilla (23 de novembro).
En todas as cidades desenvolverase un extenso programa, con conferencias que xirarán sobre o papel das tecnoloxías en rede para impulsar a transformación dixital e ofrecerá unha ampla perspectiva sobre importantes tendencias de futuro e solucións tecnolóxicas dispoñibles para construír infraestruturas dixitais aliñadas co negocio.
O Tour @asLAN convértese así nun espazo de encontro e divulgación tecnolóxica en cinco grandes cidades españolas, nas que se darán cita destacados fabricantes IT internacionais, partners tecnolóxicos rexionais e responsables IT do sector público e privado.
Os asociados/colexiados interesados terán acceso gratuíto a todas as conferencias e coffee break do Tour e condicións especiais de almorzo no hotel de celebración.
Máis información sobre o Tour Tecnolóxico @asLAN A Coruña