Joaquín Lameiro, Enxeñeiro do Ano 2018 do COETG e a AETG, recollerá o galardón na Noite Galega das Telecomunicacións 2018

Joaquín Lameiro, Enxeñeiro do Ano 2018 do COETG e a AETG, recollerá o galardón na Noite Galega das Telecomunicacións 2018

O vindeiro venres día 1 de xuño, o noso compañeiro Joaquin Lameiro Paz, recollerá o galardón de Enxeñeiro do Ano 2018 do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, xunto co resto de galardoados no transcurso da Noite Galega das Telecomunicacións que terá lugar en Vigo.

Lameiro será homenaxeado pola súa exemplar traxectoria profesional e o seu fondo compromiso co desenvolvemento do sector das telecomunicacións no noso país. É Enxeñeiro Superior de Telecomunicación pola ETSIT de Madrid, e durante 38 anos desenvolveu a súa carreira profesional na industria das TIC e dos servizos de consultoría tecnolóxica. Traballou para Wang Laboratories e tamén para IBM, empresa na que ocupou diversos postos de responsabilidade. Entre 1999 e 2014 foi director rexional desta multinacional na zona noroeste de España, ocupándose da representación institucional da empresa e da relación con clientes e partners. Pertenceu tamén ás xuntas directivas do COETG e a AETG durante varios anos e foi director a revista da AETG, A Nosa Rede.