Convocados os Premios Vodafone á Innovación en Telecomunicacións

Convocados os Premios Vodafone á Innovación en Telecomunicacións

A Fundación Vodafone España ven de convocar una nova edición dos seus Premios á Innovación en Telecomunicacións. Estes premios teñen como obxectivo o de apoiar a aparición de produtos e servizos innovadores, que poidan ter unha ampla repercusión na sociedade da Información, polo seu interese, novidade, accesibilidade para todos e que conten co soporte tecnolóxico das telecomunicacións.

Nesta edición, a IX, outorgaranse tres premios, baixo o epígrafe común de "Premio ao Proxecto de Innovación no ámbito da Investigación e do Desenvolvemento das Telecomunicacións", dotado con 20.000 euros cada un e escultura conmemorativa.

As candidaturas agrúpanse nas seguintes categorías:

1.- Premio ao desenvolvemento de "Aplicación Mobile for Good", que se outorgará a unha nova aplicación para Smartphone que contribúa á mellora da calidade de vida, a autonomía persoal e a promoción do envellecemento activo.

2.- Premio ao proxecto "M2M Mobile For Good", enfocado a iniciativas que utilicen ou deseñen dispositivos conectados, que axuden a mellorar a calidade de vida, a accesibilidade e a autonomía das persoas en calquera dos seguintes ámbitos: vida na cidade, saúde e turismo.

3.- Premio ao proxecto de "Solución TIC Mobile For Good", que se entregará a un proxecto que utilice o TIC como solución.

Mais Información