Certificado de correspondencia título de Enxeñeiro de Telecomunicación cos niveis 3 (MECES) e 7 (EQF)
De interese para colexiad@s
Como xa saberedes o venres 2 de outubro saíu publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE número 236) o acordo do Consello de Ministros polo que se determina o nivel de correspondencia ao nivel do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior do Título Universitario Oficial de Enxeñeiro de Telecomunicación.
Establécese así a correspondencia do título de Enxeñeiro de Telecomunicación co nivel 3 (máster) do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES), que se corresponde co nivel 7 do Marco Europeo de Cualificaciones (EQF).
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, habilitou na súa páxina web a opción de obter o Certificado de correspondencia do título de Enxeñeiro de Telecomunicación co nivel 3 do MECES, mediante certificado dixital ou DNI electrónico e o número de 10 díxitos que figura no propio título baixo o apartado "Rexistro Nacional de Títulos".
Se non tes a posibilidade de comprobar o teu número de título, a numeración requirida pódese obter na seguinte ligazón: acceso a número do título.
Acceso á plataforma para a obtención da correspondencia do título
Se o desexas dende o Colexio realizamos os trámites e enviámosche o teu Certificado de correspondencia co título, para o cal deberás enviarnos a correspondente autorización.
Información para solicitar o certificado a través do Colexio