Celebrada a Xornada sobre Protección de Datos, Competencia Desleal e Aplicación Práctica no ámbito TIC
Onte tivo lugar en Vigo a Xornada sobre Protección de datos, competencia desleal e aplicación práctica no ámbito TIC organizada por Ineo coa colaboración da AETG e na que se abordou a temática da ciberseguridade nas empresas, un aspecto de gran relevancia hoxe en día e ao que as entidades son especialmente sensibles.
Contamos coa participación de Francisco Caamaño Domínguez, Miguel Caamaño Anido e Rafael García Pérez de CCS Abogados e co enxeñeiro de telecomunicación colexiado Jacinto Parga de Marca Franca, especialistas na materia, os cales afondaron na temática a traveso de tres ponencias baixo os títulos "Responsabilidades por incumprimento da normativa de datos no ámbito TIC e novedades tralo Regulamento Europeo", "A competencia desleal no sector TIC e os aspectos controvertidos, accións preventivas e defensa" e "Aplicacións prácticas dende o punto de vista técnico do software de cumprimento normativo".