Braga celebra o Fórum Internacional das Comunidades Intelixentes e Sustentábeis

Braga celebra o Fórum Internacional das Comunidades Intelixentes e Sustentábeis

O Fórum Internacional das comunidades intelixentes e sustentábeis, FICIS, terá lugar entre o 16 e 19 de abril en Portugal, na cidade de Braga. Este forum integra unha temática inserida nos dominios da estratéxia de Europa no ámbito do Cadro Comunitario de Apoio para o horizonte 2014-2020.

Durante o mesmo se contará coa presenza de especialistas, líderes de opinión e decisores que debatirán os máis recentes desenvolvementos, resultados e estratexias. Os socios estratéxicos terán a oportunidade de divulgación e promoción das súas actividades, integradas cos factores chave de competitividade, no dominio das comunidades intelixentes e sustentábeis, en termos de cohesión social e territorial.

Mais Información