Asinamos un acordo con Nordés Club Empresarial

ConvenioNordes

O luns 13 de maio, asinamos un convenio marco de colaboración con Nordés Club Empresarial co obxectivo de fomentar a realización de actividades de cooperación que permitan aumentar os vínculos entre os seus membros e relacionar a actividade de ámbalas institucións.

O acordo, que ten unha duración anual, formalizouse coa firma do documento por parte de Carlos López Navaza, presidente de Nordés Club Empresarial e o noso decano, Julio Sánchez Agrelo, nun acto que tivo lugar nas propias instalacións do club en A Coruña. 

Coa sinatura deste acordo queremos ampliar a oferta de servizos ofrecidos aos membros do COETG/AETG, poñendo á súa disposisión a posibilidade de formar parte de Nordés Club, espacio de encontro, traballo e ocio, a prezos vantaxosos. Condicións dispoñibles no apartado Convenios con Entidades.