Acompáñanos na xornada de presentación da Misión Inversa a Galicia
Con motivo da Misión Internacional Inversa a Galicia que organiza INEO e na que colabora o COETG, terá lugar o día 20 de abril en Santiago de Compostela (Hotel Palacio do Carme) un acto inaugural de presentación e benvida dos mandatarios de Perú e México que visitarán a nosa comunidade para coñecer a tecnoloxía galega orientada a cidades intelixentes e dar, a súa vez, a coñecer as necesidades tecnolóxicas das entidades ás que representan.
Este acto inaugural é de acceso público e aberto para todos os interesados. Durante o mesmo intervirán o presidente de Ineo, Jorge Cebreiros; o director da área de Internacionalización do IGAPE, Abel Veiga; e o Xerente do COETG, Ricardo Fernández.