Aberto o prazo de presentación de candidaturas para ocupar a Dirección Xeral da AESIA
O Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública, a través da súa Secretaría de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial, abriu o proceso de presentación de candidaturas para ocupar a titularidade da Dirección Xeral da Agencia Española de Supervisión de la Inteligencia Artificial (AESIA).
Búscase atopar o perfil idóneo para liderar o organismo, pioneiro en Europa e destinado a impulsar o debate nacional sobre as oportunidades e riscos desta tecnoloxía. Así, a persoa que obstente a dirección da Axencia, con base na cidade da Coruña, será a responsable da xestión ordinaria do órgano, e terá un rol fundamental na relación da Axencia co ecosistema nacional e internacional.
Xa se poden presentar as candidaturas, a través dunha expresión de interese que acredite a experiencia e cualidades que cualifiquen as persoas interesadas como aptas para o posto. Pódense consultar requisitos e detalles do procedemento aquí.
O proceso estará aberto ata o próximo día 9 de maio.