1ª convocatoria do Premios á Innovación tecnolóxica aplicada a fins humanitarios de Cruz Roja Española

1ª convocatoria do Premios á Innovación tecnolóxica aplicada a fins humanitarios de Cruz Roja Española

Cruz Roja Española acaba de lanzar a primeira edición dos Premios á innovación tecnolóxica aplicada a fines humanitarios co obxecto de distinguir tres traballos de carácter tecnolóxico con fins humanitarios. Os galardóns outorgaranse a desenvolvementos para dispositivos Smartphone, correspondentes ás categorías de "Vida activa", "Saúde constante" e "Infancia-Xuventude".

A categoría "Vida Activa” englobaría aplicacións para dispositivos que contribúan á mellora da calidade de vida, a autonomía personal e/ou a promoción do envellentamento activo e das persoas coidadoras. “Saúde Constante” premiará aplicacións que colaboren na mellora da calidade de vida, a accesibilidade e a autonomía das persoas no ámbito da saúde. A categoría “Infancia-Xuventude” corresponderá a galardoar aplicacións en formato gaming para dispositivos, que axuden á mellora da calidade de vida e a autonomía da mocidade e infancia.

Cada un dos premios estará dotado con 4.000 € e poderanse presentar tanto personas físicas como xurídicas, de forma individual ou en equipo, que presenten traballos relacionados cos asuntos enunciados anteriormente.

Máis información sobre as bases da convocatoria e formulario de presentación