Curso On-Line de Planificación, Deseño e Xestión dunha Smart City: Infraestruturas e Servizos
De interese para colexiados
Aínda está aberto o prazo de inscrición para o curso on-line de Planificación, Deseño e Xestión dunha Smart City que comeza o vindeiro día 19 de novembro, organizado polo Colexio. Este curso está enmarcado dentro da oferta formativa dirixida a profesionais e empresas de distintos ámbitos das telecomunicacións así como persoal da administración con competencias relacionadas coas solucións tecnolóxicas aplicables nas ciudades. Ten como obxectivos principais, entre outros, sentar as bases de como planificar, despregar e xestionar unha Smart City con modelos prácticos, coñecer as principais tecnoloxías e saber realizar diferentes proxectos de integración de servizos con indicadores de aforro enerxético, económico, de eficiencia e sustentabilidade.
Accede á información e inscrición