O IIES presenta unha recompilación de casos de éxito asociados á I+D+i nos diferentes ámbitos da enxeñería en España

iies

O 22 de maio no Paraninfo da Universidade da Coruña o Comité de I+D+i do Instituto de la Ingeniería de España (IIES) dará a coñecer a recompilación de 52 proxectos asociados á I+D+i nos diferentes ámbitos da enxeñería en España desenvolvidos durante as últimas dúas décadas e nos que participaron diversas entidades e actores crave no ámbito científico e tecnolóxico. Diferentes casos de éxito que representan un conxunto diverso de iniciativas que xurdiron da colaboración entre universidades, a administración xeral do Estado, administracións autonómicas, empresas públicas e empresas privadas.

O acto de presentación é aberto ao público interesado previo rexistro.

O obxectivo principal é dar a coñecer é destacar os avances significativos e as contribucións sobresalientes que se lograron en áreas cruciais para o desenvolvemento e progreso da nosa sociedade grazas á Enxeñería. Póñese así en valor, a diversidade de aplicacións e enfoques da enxeñería e o gran propósito que impulsa todas estas iniciativas para que a sociedade no seu conxunto e os mozos en particular sentan cada vez máis atraídos por este gran campo profesional.

Os proxectos agrupanse en catro categorías principais, baseadas nos contidos relacionados cos que se centraron: Seguridade e Dixitalización, Transformación Tecnolóxica, Sustentabilidade e Protección Ambiental, e Transición Enerxética.

Máis información

 

 

 

Privado
Público