Prazas de profesorado asociado para Ourense
O 23 de decembro deuse publicidade no DOG a resolución pola que se convoca concurso público para a contratación de persoal docente para curso académico 2025-2026 para a Universidade de Vigo. Entre as prazas ofertadas hai dúas para Ourense para a materia de Enxeñaría de Sistemas e Comunicacións Aeroespaciais do grao en Enxeñaría Aeroespacial.
O prazo de presentación de candidaturas remata o 9 de xaneiro de 2026.
Para máis información: | Secretaría Online Universidade de Vigo.