Invitación ao I Gran Foro de Innovación e Emprendimento

ForoIEAPD

O Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia colaboran con APD (Asociación para el progreso de la dirección) na organización da primeira edición do Foro de Innovación e Emprendimento que terá lugar presencialmente o 21 de outubro en Santiago de Compostela. 

Os asociad@s/colexiad@s están convidados a asistir e participar nesta xornada centrada en dous aspectos imprescindibles na actualidade polo seu espíritu transformador como son a innovación e o emprendemento. Ambos imaxinan novas posibilidades e convértenas en valor. Veremos como a innovación permite que as organizacións se reinventen e sexan máis competitivas, mentres que o emprendemento implica crear e asumir riscos para abrir novos camiños. Xuntos, fortalecen as empresas, dinamizan a economía e constrúen un futuro baseado na creatividade, na iniciativa e nunha visión a longo prazo.

Os asociad@s/colexiad@s que desexen asistir deberán facer a inscripción no seguinte enlace indicando o código I25IUGK1.

INSCRIPCIÓNS