Formación gratuita "Programa de Tecnoloxías Emerxentes". Aberto o prazo de inscrición
Xa podes preinscribirte no Programa de Tecnoloxías Emerxentes do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación, unha formación de balde, dinámica e certificada que che permitirá adquirir competencias avanzadas en áreas de altísimo impacto profesional como Intelixencia Artificial, Machine Learning, Computación Cuántica, Big Data e Ciberseguridade.
A enxeñaría está en constante evolución, e hoxe non abonda con ter competencias dixitais básicas, é necesario comprender e aplicar as tecnoloxías que están a transformar a sociedade. O obxectivo desta formación é actualizarse, transformar o presente, asegurar o futuro e impulsar novas oportunidades profesionais, sen barreiras económicas nin loxísticas.
Con este programa terás:
· 150 horas distribuídas en formación transversal (40 h) e específica (110 h)
· Modalidade mixta: en liña, webinars e sesións presenciais
· Duración: 4 meses
· Certificación final
Todo o programa está subvencionado ao 100 % grazas aos fondos europeos NextGenerationEU, dentro do plan Xeración D, impulsado por Red.es e o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública.
Xa está aberto o prerrexistro para quen desexe asegurar a súa praza e recibir información cando se abra o prazo oficial de inscrición.