A Coruña elixida como sede da Aesia

A Coruña é a cidade escollida polo Goberno de España para albergar a sede da Agencia Española de Supervisión e Inteligencia Artificial (Aesia). Así foi anunciado esta mesma mañá por Isabel Rodríguez, tras ser acordado en Consello de Ministros. Con este anuncio Coruña consolídase como o polo tecnolóxico de Galicia e de referencia tanto a nivel nacional como mundial.