Chega á Coruña o Tour Tecnolóxico asLAN 2022 da man do COETG

Chega á Coruña o Tour Tecnolóxico asLAN 2022 da man do COETG

Chega á Coruña unha nova edición do Tour Tecnolóxico @aslan, a XVI, para poñer o foco na importancia da ciberseguridade para a Transformación Dixital; as novas formas de xestionar as infraestruturas híbridas; ou o potencial dos datos que circulan polas redes corporativas. Un espazo de encontro e divulgación tecnolóxica en Galicia, no que se darán cita destacados fabricantes IT internacionais, partners tecnolóxicos rexionais e responsables IT do sector público e privado.

Como xa é tradicional, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia é un dos colaboradores oficiais deste Tour, que terá lugar o vindeiro xoves 3 de novembro no hotel Hesperia Finisterre 5*. Todos os colexiados/asociados interesados en asistir poderán realizar a inscrición a través do enlace.

Máis información e inscrición