Artigo sobre tecnoloxías dixitais para as persoas maiores e envellecemento saudable: vivendas teleasistidas

No discurso da Noite Galega 2022 do decano do COETG, Julio Sánchez Agrelo, houbo un parágrafo moi significativo á hora de enfrontarmos o dilema de onde están mellor os anciáns, se na casa ou na residencia: "Debemos loitar contra a discriminación por idade: a fenda dixital non debe abordarse desde o idadismo, nin caendo en paternalismos. Debemos eliminar a crenza de que as persoas maiores son incapaces para a tecnoloxía ou unha carga para a sociedade".

"Hai estudos que veñen demostrar como as persoas maiores prefiren morar onde o levan facendo moitos anos, e que unha alta porcentaxe delas está disposta a colaborar cos elementos humanos e telemáticos ao seu dispor. Neste artigo de Xavier Alcalá, falamos da "Dixitalización sen fronteiras sociais", lema da #NoiteGalega2022.

Accede á publicación