Xa está aberto o prazo de inscrición para o CIBER.gal

CiberGalEncontro

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na V edición do Encontro Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de novembro no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia.

O CETG é entidade colaboradora do CIBER.gal, evento xa consolidado como de referencia no panorama galego e estatal que volverá converter a Galicia no epicentro da seguridade dixital, reunindo a expertos, empresas, entidades públicas e cidadanía para analizar os grandes retos e oportunidades do ecosistema dixital.

A participación é totalmente gratuíta ata completar aforo. O programa completo e inscripción pode consultarse na páxina web do V Encontro CIBER.gal.

Anímate a participar!!!!