Teleco Xuntanza 2026. Homenaxeamos a telec@s de máis antigüidade

TelecoXuntanza2026

Chega a Teleco Xuntanza 2026, o encontro anual de confraternización ao que están convidadas tódalas persoas asociadas á AETG e que organizamos un ano máis en colaboración co COETG. Celebrarase o venres, 30 de xaneiro de 2026, ás 19:00 horas, no Hotel Puerta del Camino, en Santiago de Compostela.

Este ano o encontro terá un carácter especialmente emotivo, xa que celebraremos a entrega das insignias da profesión ás persoas asociadas que cumpren 25 anos de antigüidade na AETG. Trátase dun acto de recoñecemento público á súa traxectoria, compromiso e contribución continuada ao fortalecemento do colectivo profesional ao longo destes anos. 

Ademais, entre outras sorpresas e, como xa é tradición, realizaremos o sorteo dunha invitación para dúas persoas para asistir á 30ª edición da Noite Galega, unha cita moi especial que conmemora tres décadas de historia e encontro do sector das telecomunicacións en Galicia e que terá lugar o 29 de maio de 2026.

A Teleco Xuntanza é unha excelente oportunidade para reforzar o sentimento de pertenza, compartir experiencias e coñecer proxectos persoais e profesionais, así como para promover a colexiación. Poderase asistir acompañado/a dun #teleco non colexiado. De ser o caso, o interesado/a deberá contactar coa organización (comunicacion@aetg.gal) para consultar as condicións de inscrición.

👉 Reserva esta data na túa axenda e confirma a túa asistencia canto antes. O evento é de balde.

Para unha correcta organización do evento, é imprescindible confirmar a asistencia a través do formulario antes do 26 de xaneiro ás 12:00 horas.