Mañá participamos no II Foro TAI "Retos tecnolóxicos para o futuro da empresa galega"
Mañá, 8 de xullo, celebrarase o II Foro TAI "Retos tecnolóxicos para o futuro da empresa galega", organizado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, en colaboración con Grupo TAI.
O encontro reunirá a representantes de empresas, institucións e profesionais do sector TIC para analizar os principais retos da transformación dixital e o seu impacto na competitividade do tecido empresarial galego. Ao longo da xornada abordaranse cuestións como a internacionalización, a dixitalización das cadeas de subministración, o goberno do dato, as infraestruturas dixitais, a ciberseguridade e a intelixencia artificial.
O foro pretende ser un espazo de intercambio de coñecemento e colaboración, favorecendo o diálogo entre os distintos axentes do ecosistema tecnolóxico galego e promovendo iniciativas que contribúan ao desenvolvemento dixital das empresas da comunidade.
Máis información aquí.
