Aniversario Oficina Concellos. Presentación do Regulamento da Infraestrutura Gigabit

De interese para Concellos
Co gallo do décimo aniversario da Oficina Concellos da AETG celebraremos un acto presencial en Santiago de Compostela no que presentaremos un balance dos principais fitos alcanzados nestes anos, destacando aquelas accións máis significativas no apoio ás entidades locais. Poderá seguirse tamén en liña.
Ademáis coindidindo coa entrada en vigor do Regulamento (UE) 2024/1309 da Infraestrutura Gigabit, abordaranse os aspectos máis relevantes para a súa aplicación práctica nas administracións locais, ofrecendo un espazo para a reflexión, o intercambio de experiencias e a clarificación de dúbidas sobre a súa implementación.
A asistencia é de valde pero require incrición previa aquí.